13/9/12

BENVIDA

   Galego da estación

   Semella que inicio unha nova etapa profesional. O traslado das ensinanzas de bacharelato do IES O Mosteirón ao IES Isaac Díaz Pardo (Sada) levou consigo o desprazamento dalgúns profesores, entre outros o meu. 
   Neste caderno de bitácora (galego da estación) recupero parte dos materiais que fun elaborando nestes últimos tempos coa intención de compartilos con todas aquelas persoas que teñan interese na nosa lingua, literatura, cultura... Intentarei ir enriquecéndoo día a día con novos contidos.
   O nome do blog fai referencia a un espazo vital moi importante na miña vida, xa que vivín gran parte da miña infancia e da miña primeira mocidade nunha estación de tren, centro neurálxico por aqueles anos da última capital do Antigo Reino de Galicia.
   Mil grazas a todas aquelas persoas que comparten desinteresadamente as súas inquedanzas, experiencias, coñecementos... persoas das que aprendemos todos os días.

Saúde e Terra.
Xoán Seca

1 comentario: