10/10/12

A ESTACIÓN


Betanzos Pueblo


     Fotografía da estación de ferrocarril de "Betanzos Pueblo". Supoño que será alá polos anos 50, porque cando eu cheguei a Betanzos ao pouco de nacer en Miño (1960) xa estaban construídas a cantina e as vivendas da Renfe (na fotografía non). A denominación de "Betanzos Pueblo" obedecía á necesidade de non confundila coa outra estación do concello, a que se atopaba no Norte, que recibía a denominación de "Betanzos Infesta". A do Norte era realmente máis importante xa que alí estaba o enlace das vías Ferrol-A Coruña e A Coruña-Lugo, e polo tanto o acceso á meseta, á capital do imperio. 
    Cantos amigos, cantos xogos, cantas lembranzas teño deste espazo vital fundamental na miña infancia e primeira mocidade. Sempre que alguén me pregunta onde vivía en Betanzos, sempre contesto o mesmo: "na Estación".

No hay comentarios:

Publicar un comentario