13/11/12

ÉDELINGUA, galego para inmigrantes

Na sección de inmersión lingüística reproduzo parte dos materiais elaborados para o proxecto Édelingua, un proxecto de inmersión lingüística en lingua galega para alumnado procedente doutros países. Estes documentos foron elaborados por un seminario permanente constituído por Belén Iglesias Gómez, Xosé Anxo Seoane Cao e Javier Cabanas. Foron ademais implementados no IES O Mosteirón de Sada no curso 2011/2012.
Belén e Xosé presentarán estes materiais nos Encontros de Normalización Lingüística que se desenvolverán en Santiago de Compostela o vindeiro 17 de novembro de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario