19/11/12

ROTEIRO OTERIANO

     Caderno de traballo para o alumnado que participe no roteiro oteriano. Iniciamos o percorrido no mosteiro de Oseira. Despois o Pazo de Trasalba e xa por último a cidade de Ourense. O percorrido pola cidade das Burgas faise por equipos autónomos; teñen que seguir o itinerario e cumprir os horarios previstos, por iso levan un plano do casco histórico.
     Pódese completar co roteiro de "A Esmorga" elaborado por A. Monxardín e Marcos Valcarcel, entre outros.
     Inclúo tamén un pequeno traballo de documentación básica sobre a figura de don Ramón Otero Pedrayo. Trátase de dúas ducias de fotografías que nos permiten trazar un perfil básico da inmensa figura do patriarca das Letras.
     Tamén se pode ler o relatorio de Manuel María sobre Otero. Pódelo atopar na sección LITERATURA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario