8/11/12

XESTIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS


   O vindeiro xoves, día 15 de novembro, ás 19:30 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Elviña) da Universidade da Coruña, participarei na mesa redonda: Valoración da situación actual da xestión dos centros educativos.
 As conclusións tiradas desa mesa redonda -na que participarán expertos e representantes dos distintos sectores educativos- publicaranse con posterioridade na Revista Galega de Educación.
  É esta unha boa ocasión para compartir convosco unha fotografía do ano 1968. Era eu alumno de Primaria nas "Escolas García Naveira" de San Francisco, en Betanzos. Outro sistema educativo, escolaridade obrigatoria ata os dez anos, bacharelato elemental, superior... Cantas voltas lle estamos a dar ao noso sistema educativo; canto esforzo e que poucas oportunidades a que dunha vez por todas se implemente de xeito completo e coherente unha reforma educativa. Cada pouco tempo, dámoslle a volta. Así nos vai!


1 comentario:

  1. Pero que barbaridade Xosé, como podes con tantas cousas!
    Xa vexo o ben que está quedando este blog. Cheíño de proveito . Noraboa.

    ResponderEliminar