13/1/13

ESTREA DO DOCUMENTAL "FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA"


VENRES  18 DE XANEIRO DE 2013 ÁS 20:00 HORAS
CASA DA CULTURA PINTOR LLORÉNS. SADA.
ESTREA DO DOCUMENTAL
FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA
PRODUCIDO POR GALLAECIA FILMES-ESPAZO DCINE. 
EDLG DO IES ISAAC DÍAZ PARDO. ENTRADA LIBRE.



O EDLG DO IES ISAAC DÍAZ PARDO
comprácese en convidar a vostede
ao acto de estrea do documental
Fontes e lavadoiros no concello de Sada,
realizado por Gallaecia Filmes, a produtora de audiovisuais
creada no instituto ao abeiro do Proxecto DCine
que se está a levar a cabo no centro.
O dito acto desenvolverase o venres dezaoito de xaneiro de 2013 ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada.


Duración prevista do acto: 45 minutos.                                                      Prégase puntualidade.



2 comentarios:

  1. Que traballo tan bonito e emotivo ! E que valioso!
    Para min a súa principal virtude (ademais das obvias do traballo de documentación e realización do documental)é que pon en valor as persoas maiores tratando de establecer pontes entre elas e os rapaces . Foi mágoa que non se iniciase un coloquio; a moitos pódelles (pódenos) a timidez do imprevisto.Cómpre aproveitar o camiño iniciado. A xente maior ten moito que contar, sabe moito do país e moito galego tamén .

    ResponderEliminar