14/2/13

ACTO DE ESTREA DO DOCUMENTAL "FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA"

O 18 de xaneiro de 2013, ás 20:00 horas do serán, na casa da cultura "Pintor Lloréns" de Sada, desenvolveuse o acto de estrea do primeiro documental realizado por Gallaecia Filmes, do IES Isaac Díaz Pardo. Reproducimos con este pequeno documento o máis destacado dese evento: interpretación da canción "Galicia", presentación de Gloria Castelo e recoñecemento final ao equipo de realización.


1 comentario:

  1. María Luisa Ricoy Lamas21 de febrero de 2013, 23:29

    Parabens por este traballo tan bonito a todos os que o fixechedes posible...e un bico para Gloria que o fixo moi ben como presentadora...

    ResponderEliminar