9/2/13

ANO LUGRIS FREIRE


     O concello de Sada acordou declarar este ano 2013 
Ano Cultural Lugrís Freire
ano no que se cumpre o 150 aniversario do nacemento deste ilustre sadense (Sada, 11 de febreiro de 1963 - A Coruña, 15 de febreiro de 1940).
     O vindeiro xoves, día 14 de febreiro, ás 20:00 horas, na capela de San Roque, desenvolverase o acto de presentación oficial deste evento.
     Durante todo un ano organizaranse actos e publicaranse documentos en torno á figura e obra deste sadense ilustre. O IES Isaac Díaz Pardo participará, do mesmo xeito que o resto de centros educativos do concello, na organización e desenvolvemento de varias actividades. Iremos proporcionando información consonte se vaian aproximando os actos no tempo.
     Podo adiantar que un dos proxectos máis ambiciosos que imos realizar será un documental sobre Manuel Lugrís Freire. Unha coprodución na que participarán: Gallaecia Filmes (a produtora de audiovisuais do EDLG do IES Isaac Díaz Pardo), a AC Suárez Picallo e Genetic Films.
     O grupo de traballo que levará a cabo o proxecto está integrado por: Manuel Pérez Lorenzo, da AC Suárez Picallo; Javier González Garrido, de Genetic Films; Xosé Anxo Seoane Cao, Amalia Álvarez Vázquez, Paloma Piot Pérez-Abadín, Daniel López Conde, Adrián Riveiro, Manuel Couce e Jacobo Fiaño Salinas, de Gallaecia Filmes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario