28/2/13

GALEGO: A CHAVE DO MUNDO

     Mañá venres, día 1 de marzo de 2013, a partir das 17:30 horas, no salón de actos do IES Isaac Díaz Pardo, gravaremos a curtametraxe Galego: a chave do mundo. Participan neste proxecto audiovisual un grupo de sete alumnos-actores de 3º de ESO, dúas guitarras (alumnos 4º ESO), un pianista (1º bacharelato) e unha cálida voz feminina (2º ESO). Ademais, o equipo técnico de Gallaecia Filmes.
     Contamos convosco. Podedes asistir como público invitado á gravación deste novo proxecto. 
     Para abrir boca, déixovos unha canción de Roi Casal, Maxicamente vello. A letra é de Manuel María.




No hay comentarios:

Publicar un comentario