17/2/13

INAUGURACIÓN OFICIAL DO ANO CULTURAL LUGRÍS FREIRE

    O pasado xoves, 14 de febreiro de 2013, desenvolveuse na praza de España de Sada o acto de inauguración oficial do Ano Cultural Lugrís Freire, ao cumprirse o 150 aniversario do seu nacemento (11 de febreiro de 1863). 

    Ademais das autoridades que presidiron o acto, interviron outras personalidades entre as que destacamos a Xosé Luís Axeitos (Secretario da Real Academia Galega) e Manuel Lugrís (neto do homenaxeado). Ademais tres representantes do alumnado do CEIP Sada e Contornos recordaron a cálida homenaxe que no centro se lle tributou a Manuel Lugrís Freire no ano 1930. Logo da ofrenda floral, a interpretación do Himno galego puxo o remate do acto que deu inicio a unha chea de eventos dedicados a Manuel Lugrís Freire que se desenvolverán durante os vindeiros meses.



No hay comentarios:

Publicar un comentario