25/2/13

MISS ESPAÑA, GALEGUISTA


     Emilia Docet naceu en Vigo en 1913. No ano 1933 foi elixida "Miss España". Axiña se converteu en imaxe do Partido Galeguista (fundado no 1931). Chegou a participar no famoso "Mitin das Arengas" de 1934 na praza da Quintana, en Santiago de Compostela, xunto a figuras tan relevantes como Castelao, Bóveda, Otero Pedrayo, Paz Andrade e Suárez Picallo. Segundo as crónicas da prensa, Emilia pronunciou un dos discursos máis fermosos e sólidos.





2 comentarios:

  1. Parabéns polo voso blogue. Imos usar materiais que recompilastes nas aulas de galego de Londres. Unha aperta dende as beiras do Támesis.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Prezados compañeiros:
      É para min unha enorme satisfacción que utilicedes os materiais que comparto no blog.
      Saúdos dende Soñeiro, Sada.
      Xosé Seoane

      Eliminar