23/3/13

ASÍ SE RODOU "GALEGO, A CHAVE DO MUNDO"

     Nesta sinxela montaxe amósanse algunhas tomas falsas da rodaxe da curtametraxe "Galego, a chave do mundo", a nova produción de "Gallaecia Filmes", a produtora de audiovisuais do EDLG do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada.
     Participaron neste proxecto 14 alumnos e alumnas de 2º, 3º, 4º de ESO e de 1º de bacharelato. É unha pequena produción na que se mesturan música e diálogos nun intento de animar aos máis novos a que se "boten" a falar a nosa lingua.
     Máis adiante "colgaremos" na rede o resultado final, a curtametraxe "Galego, a chave do mundo", de tres minutos de duración, coa que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto participou no concurso de vídeos do Correlingua 2013.
     Parabéns polo excelente traballo realizado polo alumnado.






No hay comentarios:

Publicar un comentario