14/3/13

EDICIÓN FACSIMILAR DE "CANTARES GALLEGOS", DE ROSALÍA DE CASTRO


En 1863 Rosalía de Castro editou en Vigo Cantares Gallegos, un poemario de inspiración popular que "inaugura a cultura galega contemporánea", en palabras do profesor Anxo Angueira. Co gallo de celebrar os 150 anos da súa edición, o Consello da Cultura Galega ofrece unha versión facsimilar desta primeira edición viguesa de Cantares Gallegos, na que se desenvolven moitas das temáticas literarias de Rosalía de Castro.

Fondo: Biblioteca Guillermo Escrigas (pincha aquí para acceder á páxina na que poderás descargar o "pdf")

Nota: De suma importancia para o alumnado de 1º de bacharelato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario