10/3/13

ESTREA DE "Así se rodou ´Galego, a chave do mundo´"

     Estade atentos durante toda esta semana. Varios carteis colocados estratexicamente polos taboleiros do centro anunciarán a estrea do documento audiovisual  Así se rodou "Galego, a chave do mundo", un conxunto de imaxes e tomas falsas da curtametraxe coa que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto participa no concurso de vídeos do Correlingua 2013. 
     A estrea da curtametraxe Galego, a chave do mundo non se producirá probablemente ata finais do mes de marzo; xa se anunciará.
     Como ilustración das tomas falsas, velaí vai unha mostra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario