30/4/13

Luísa Villalta, compromiso con GaliZa

     
     De momento ese é o título proposto para o documental que Gallaecia Filmes está preparando co gallo do X Certame Literario Luísa Villalta, convocado polo IES Isaac Díaz Pardo, centro de ensino no que a destacada autora impartiu docencia nos seus últimos anos. 
     A pasada semana iniciamos o traballo de documentación e estivemos coa súa familia. Unha tarde inesquecible, emocionante, cargada de sentimentos, lembranzas e agradecementos. Nos vindeiros días gravaremos a amigos, autores... que compartirán connosco opinións, recordos... para enriquecer a nosa humilde contribución a difundir o seu legado e a súa memoria nun modesto documental.
     Agardamos poder chegar a tempo e estrealo o día de entrega de premios. Ata entón, Saúde e Terra.

     Gallaecia Filmes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario