12/4/13

O VÍDEO "GALEGO, A CHAVE DO MUNDO" REALIZADO POR GALLAECIA FILMES (IES ISAAC DÍAZ PARDO) GAÑA O CONCURSO DO CORRELINGUA 2013.

     Unha boa nova recibimos hoxe no IES Isaac Díaz Pardo, de Sada. Comunicáronnos que o vídeo Galego, a chave do mundo realizado por Gallaecia Filmes, a produtora de audiovisuais do noso centro, gañou o concurso de vídeos de promoción do galego organizado ao abeiro do Correlingua 2013.  Parabéns para os catorce alumnos e alumnas do instituto que participaron neste proxecto. O vindeiro 26 de abril desprazarémonos a Pontevedra a recoller, orgullosos e contentos, o premio. 
Lembrade: O galego é a chave coa que abrimos o mundo.


2 comentarios:

  1. Sementando recolleremos. Moitos parabéns por este traballo . Noraboa a toda a mocidade que fai o esforzo de recuperar o propio. Gañamos todos.
    Moitos parabéns outra vez.

    ResponderEliminar
  2. Que alegría, Xosé! Que premio tan merecido!
    Parabéns para todos!

    ResponderEliminar