3/5/13

ANO CULTURAL MANUEL LUGRÍS FREIRE

     Como xa anunciamos hai un tempo, este ano 2013, 150 aniversario do nacemento do
ilustre sadense Manuel Lugrís Freire, foi declarado por acordo unánime da corporación municipal de Sada "Ano Lugrís Freire". Xa se desenvolveron varios actos de homenaxe na súa honra. Dende onte, colocáronse pancartas alusivas a este evento en todos os centros educativos do concello. A do noso, o IES Isaac Díaz Pardo, foi deseñada polos profesores do departamento de Artes Plásticas Fernando e Celia. Velaí a tedes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario