23/5/13

ESTREA DO DOCUMENTAL "LUÍSA VILLALTA, PAIXÓN E COMPROMISO"

     O vindeiro venres, día 24 de maio, estrearase o documental Luísa Villalta, paixón e compromiso durante o acto de entrega de premios do X Certame Literario Luísa Villalta organizado polo IES Isaac Díaz Pardo e que se desenvolverá na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada.
     O documental está producido por Gallaecia Filmes ao abeiro do programa de excelencia educativa Proxecto DCine, desenvolvido no IES Isaac Díaz Pardo baixo a coordinación de Xosé Seoane e o asesoramento técnico de Javier González Garrido. Na súa realización participaron Amalia Álvarez Vázquez, Alejandro Cobas Silvestre, Manuel Couce Sánchez, Lara García Yáñez, Javier González Garrido, Daniel López Conde, Alejandra Presedo López, Adrián Riveiro Carro, Sara Sande Caamaño, Xosé Anxo Seoane Cao e Raquel Vázquez Presas.
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario