18/5/13

FINALIZACIÓN DE RODAXE

     O pasado xoves 16 de maio, véspera das Letras Galegas, finalizamos a rodaxe do documental Luísa Villalta, paixón e compromiso. Estivemos con Francisco Pillado Maior e con Miguel Anxo Fernán Vello, quen nos falaron da obra e o compromiso de Luísa Villalta coa nosa cultura e coa nosa Terra. Compartiron connosco tamén algunhas vivencias persoais con quen era ademais unha gran amiga.
     Agora, nestes días de "vacacións" e coa axuda de Javier González Garrido (asesor técnico do Proxecto DCine que estamos a desenvolver no IES Isaac Díaz Pardo), estamos montando o documental a toda máquina para poder proxectalo o vindeiro venres 24 no acto de entrega de premios do X Certame Literario Luísa Villalta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario