21/5/13

ROTEIRO PONDALIANO


     Mañá mércores realizaremos o Roteiro Pondaliano co alumnado de 1º de bacharelato. Para refrescar a memoria e os datos básicos do itinerario que seguiremos, reproduzo os apuntamentos creados para tal ocasión. 
     Iniciaremos o percorrido no Dolmen de Dombate. Visitaremos a peculiar aldea de Borneiro para logo deixarnos engaiolar co encanto do castro "A Cibdá", o máis antigo de Galicia. Despois iremos cara a Ponteceso e subiremos ata a igrexa de San Fiz de Anllóns. Logo deterémonos en Ponteceso, no monumento dedicado a Pondal e na súa casa natal. Máis tarde iremos ao Monte Branco e á enseada da Ínsua. Xantaremos en Balarés. Despois de xantarmos, xogos na praia e unha ruta de sendeirismo ao pé do Monte Branco. Pola tarde iremos a Punta Nariga para ver o faro máis moderno de España e as rochas-esculturas do seu contorno. Antes de volver para A Coruña, deterémonos en Buño e no dolmen Pedra da Arca, na aldea de Cerqueda, se aínda nos quedan folgos. Para cada parada, un poema do bardo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario