3/9/13

DOCUMENTAL SOBRE MANUEL LUGRÍS FREIRE

No mes de agosto os responsables de Gallaecia Filmes, Genetic Films e da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo iniciaron a gravación dun documental sobre Manuel Lugrís Freire, ilustre sadense que dá contido e sentido ao ano cultural que se desenvolve en Sada co gallo do seu 150 aniversario. O documental está a supoñer un reto moi importante para o equipo que o está a realizar. A falta de medios súplese con interese e paixón. Agardamos estrealo no acto de clausura do ano cultural, alá polo mes de febreiro do 2014. Por certo! Foi difícil atopar un título axeitado que resumise a enorme contribución de Lugrís a Galicia, pero coidamos que acertamos. Para coñecelo, é alto segredo, deberedes agardar á estrea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario