8/9/13

ESTREA DA TIRA CÓMICA "O HOME DO TEMPO"

     Cada novo curso reviso documentación antiga, e sempre atopo algún material interesante. Hoxe pola tarde atopei un magnífico traballo de Alexandre Marín Oliva, alumno meu hai uns vinte anos no Instituto "O Pazo" de Fene. Trátase dunha serie de banda deseñada dividida en catro capítulos que titulou "O Home do Tempo" na que nos ofrece a súa particular versión da historia da lingua galega. Co gallo do inicio do novo curso escolar 2013/2014 teño a enorme satisfacción de vos agasallar co primeiro capítulo. Pouco a pouco irei publicando os capítulos restantes. Espero que vos guste este excelente traballo dun alumno de 2º de BUP (hoxe sería de 4º de ESO).



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario