16/11/13

A MIÑA FAMILIA EN 1957

Traballo de María López Quintás, de 1ºA de eso do IES Isaac Díaz Pardo.


Esta é unha foto do ano 1957. Nela sae a miña avoa, que agora, por desgraza, xa non está no mundo. Sae vestida de negro e co seu fermoso sorriso. Á súa dereita atópase a miña tía Paula e o meu tío Chelis cando eran cativos, e á súa esquerda está o meu pai con catro anos. Os personaxes da foto aparecen así vestidos, tan elegantes, xa que era domingo, e antes, os domingos eran moi importantes. A imaxe foi sacada na igrexa de Flariz, na provincia de Ourense, un lugar moi querido por toda a miña familia, sobre todo por min e polo meu pai. Aínda que a miña avoa vivía cos seus seis fillos e co seu marido en Ordes, ese día estaban alí porque ían visitar os seus curmáns e tamén a celebrar o cumpreanos do meu pai, un día moi especial para el.

No hay comentarios:

Publicar un comentario