18/11/13

CARTELISMO NA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA (1936-1939)

Unha pequena montaxe audiovisual con carteis da guerra civil para ilustrar unha época da nosa historia de profundas consecuencias. Xorde como complemento da lectura "As rulas de Bakunin", de Antón Riveiro Coello, e da proxección do filme "O lapis do carpinteiro", inspirado na novela de Manuel Rivas, que o meu alumnado de bacharelato está a ler e visionar.
Esta teima miña dos carteis da guerra civil iniciouse hai uns anos cando eu traballaba nun instituto da Coruña; alí realicei xunto coa amiga e compañeira Pili Facal, historiadora, a primeira exposición sobre o tema. Continuou anos máis tarde no IES O Mosteirón. Agora, dalgunha maneira, pecho o ciclo con esta modesta montaxe. 
Ademais das referencias necesarias para entendermos a situación da nosa lingua e da nosa literatura no século XX, pretendo salientar o valor da educación como un dos principais garantes de liberdade e, polo tanto, de felicidade. Debemos aprender da historia xa que, teimuda ela, sempre nos está a insistir nos mesmos principios. Mágoa de que non sempre lle facemos caso!










No hay comentarios:

Publicar un comentario