19/12/13

GRAVACIÓN NA REAL ACADEMIA GALEGA

Hoxe, xoves 19 de decembro, gravamos en vídeo a D. Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, para o proxecto documental sobre Manuel Lugrís Freire. Nas fotografías aparecen con Alonso Montero: Paco, Lito e Marisa (da A.C. Irmáns Suárez Picallo), Xosé (do IES Isaac Díaz Pardo) e Javier (asesor técnico de Gallaecia Filmes).
O resultado do traballo poderémolo ver o vindeiro 14 de febreiro no acto de presentación do documental realizado por Javier González Garrido, Manuel Pérez Lorenzo e Xosé Seoane.


No hay comentarios:

Publicar un comentario