31/12/13

GRAVACIÓN DE ESCENAS PARA O DOCUMENTAL SOBRE LUGRÍS FREIRE

Onte, día 30 de decembro, estivemos recreando na Terraza co neto de Manuel Lugrís Freire (1863-1940), a homenaxe que a vila de Sada lle tributou en 1930. Velaí van tres fotografías que inmortalizaron para sempre ese momento (e que nos serviron de guía). As fotografías forman parte da documentación achegada pola AC Irmáns Suárez Picallo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario