15/12/13

VISITA A SAN AMARO (4ª entrega)

Cada vez que visito San Amaro, ou calquera outro cemiterio, sempre me vén á cabeza un poema de Celso Emilio Ferreiro. Sobran os meus comentarios, cada quen que tire as súas propias conclusións!

                             CIMENTERIO DE CIDÁ

A soberbia dos poderosos chega até os cimenterios
e trócase en mármores corintios
i en bronces propietarios.
         Cómpre chantar no mundo ista pancarta:
         Hai mortos de primeira e de segunda,
         e mortos que non teñen onde caírse mortos.
O esquelete dun rico
val por tres esqueletes
dises homes sinxelos que cobran os sábados
un xornal resuado de soños i esperanzas.
Os mortos poderosos
chegan ao cimenterio con boleto de palco
e métense nunha furna de mármol separatista,
pensando que as trompetas do xuício final
tocarán pra iles en escrusiva
unha fermosa diana froleada.
Un día despoxarémolos disa terra ofensiva
e faremos unha soia tumba igualitaria.
Deitaremos no mar os mármores noxentos
e os bronces orgulosos fundirémolos no lume.
Aos herdeiros dos soberbios mandarémoslles os ósos
dos seus devanceiros pra que coticen na Bolsa
cos nitratos, cos ferros, co carbón e o cobre,
i esí poidan vivir, coma sempre, de rendas.


Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra, 1962

No hay comentarios:

Publicar un comentario