10/12/13

VISITA A SAN AMARO

Este venres e o xoves da vindeira semana, acompañerei ás profesoras de Filosofía do instituto e ao alumnado de 1º de bacharelato ao cemiterio de San Amaro, na Coruña. Estou seguro de que lle sacarán moito proveito á visita. Dá gusto participar en actividades multidisciplinares: Filosofía, Antropoloxía, Lingua Galega e Literatura, Historia e moito máis.
Hoxe publico unha primeira fotografía para ir abrindo boca. Trátase do  monólito que o Partido Comunista de Galicia colocou no cemiterio civil en honra dos que loitaron contra o fascismo. Coñeceremos a historia á que fai referencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario