5/1/14

2º CABODANO DO PASAMENTO DE ISAAC DÍAZ PARDO

     Hai xusto un ano participei na sentida homenaxe que se lle tributou a tan egrexio persoeiro, aquí en Sada, co gallo do 1º cabodano do seu falecemento. Hoxe, 5 de xaneiro de 2014, celébrase en Santiago unha homenaxe no camposanto de Boisaca (cemiterio no que repousan os seus restos) na súa memoria. Sabemos deste acontecemento pola información da AC Irmáns Suárez Picallo e dun grupo político municipal. Que eu saiba, no noso concello non se organizou nada para lembrar a pegada inmensa de Isaac Díaz Pardo. Por este motivo comparto con todos vós está sinxela montaxe audiovisual coa que hai xa un ano quixen honrar humildemente a esta figura clave da nosa terra.
Sempre na nosa memoria.




No hay comentarios:

Publicar un comentario