16/1/14

A CARA OCULTA DA FILLA DA RÍA DE PRATA

Pequena curtametraxe que quere concienciar á cidadanía en xeral, especialmente aos cargos públicos, da necesidade de coidar e respectar o medio ambiente. Non lles prestamos especial atención ás cuestións técnicas, xa que consideramos que a mensaxe é o suficientemente "potente" para que o vídeo cumpra o seu cometido.
Por outra banda, queremos salientar tamén que a mocidade non está "idiotizada" e non "pasa polo aro". Hai unha maioría (ás veces silenciosa, outras veces silenciada) comprometida coa terra e que loita pola defensa do medio ambiente máis próximo.
O exemplo de Sada, desgraciadamente, non é único; todas as vilas da bisbarra das Mariñas presentan os mesmos problemas. Como ben din os protagonistas da curtametraxe: Cambiar isto depende de ti. Ponte en marcha.
Curtametraxe dedicada especialmente á plataforma cidadá sadense que está en loita pola defensa da ría e, particularmente pola defensa de Fontán, opoñéndose ao enlace da Vía Ártabra. Permitímonos empregar o debuxo identificativo da súa-nosa loita e inspirarnos no seu lema. De Salvemos Fontán, pasamos a: SALVEMOS SADA.
Saúde e Terra.



1 comentario:

  1. Grazas pola inxección de aire fresco nestes tempos que case todo cheira a podrido. Noraboa polo voso traballo: vistes, xulgastes, difundistes... agora depende de todos cambiar este rumbo tolo que segue a nosa sociedade. Seguide adiante.

    ResponderEliminar