15/1/14

ENTREGA DE PREMIOS NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Hoxe, mércores 15 de xaneiro de 2014, entregáronse no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo os premios da campaña de Educación Medioambiental "Ponte no medio, móvete polo territorio" promovida e organizada por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) baixo o patrocinio da institución provincial.
Manuel Couce Sánchez e Jorge González Garrido, alumnos do IES Isaac Díaz Pardo, participaron con "GallaeciaFilmes" (a produtora de audiovisuais creada para dar cobertura ao proxecto de excelencia educativa que se está a desenvolver no centro nestes últimos anos) co documental "A cara oculta da Filla da Ría de Prata", cinta declarada finalista da categoría única deste II Concurso de curtametraxes E ti que é o que ves?
Dáse a circunstancia ademais, de que Manuel Couce gañou tamén o 1º premio do concurso literario desta campaña (na categoría xuvenil) co relato "Os muíños do Lambre". Curiosamente, a gañadora do 1º premio do certame literario, xa na categoría de adultos, foi Vanessa Santiago Vázquez, veciña de Fontán e ex-alumna do noso instituto, co relato "A catarse oceánica?".
Parabéns! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario