20/1/14

XOGOS FLORAIS DA CORUÑA NO 1861

Cando chegue o tempo de estudo do Rexurdimento co alumnado de primeiro de bacharelato, dareilles referencias no blog sobre os Xogos Florais da Coruña celebrados en 1861. Incluirei as orixes e tamén referencias aos Xogos Florais posteriores e ás Festas Minervais (xa no século XX).
Hoxe soamente publico estas fotografías que me fixo chegar Julio, un amigo da adolescencia, por outros motivos que non veñen ao caso. Na fotografía aparece don Ramón Otero Pedrayo da man da raíña dos Xogos Florais celebrados en Betanzos no ano 1952. Como ben documenta no número 30 do Anuario Brigantino Concepción Delgado Corral, betanceira, doutora en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Lingua e Literatura do instituto «Francisco Aguiar» de Betanzos, o viño da Cidade dos Cabaleiros foi o tema obrigatorio destes Xogos Florais.



Don Ramón Otero Pedrayo (mantedor dos xogos) con Elena García-Sabell (raíña dos xogos) na Porta da Vila, Betanzos, en 1952. Aparecen franqueados polas danzas gremiais de mariñeiros e os alabardeiros da garda de honra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario