24/3/14

INICIANDO DOCUMENTAL SOBRE O MODERNISMO EN SADA

De momento estou nunha primeira fase, isto é, documentándome sobre a arquitectura modernista en Sada, coa intención de realizar unha pequena e modesta produción audiovisual na que pretenderei salientar algunhas construcións de interese e, sobre todo, concienciar á cidadanía da necesidade que como pobo temos de paralizar as tropelías en materia urbanística e medioambiental que se están a cometer na nosa terra. O obxectivo de todos nós debe ser vivir felizmente en harmonía coa nosa contorna e educar a nosa sensibilidade ética e tamén estética.



No hay comentarios:

Publicar un comentario