16/4/14

FINALIZACIÓN DA RODAXE DE "PRIMEIROS VERSOS"

O pasado luns, día 14 de abril, na casa da cultura de Sada, rematamos a gravación do proxecto audiovisual "Primeiros Versos", levado a cabo por un grupo de alumnos e de alumnas do IES Isaac Díaz Pardo. Son seis as producións realizadas a partir de poemas de seis autores galegos. As montaxes levan os títulos:

  • "Ondas do mar", baseada nunha cantiga de Martín Códax.
  • "Campos de soidade", baseada no poema "Pra a Habana!" de Rosalía de Castro.
  • "Miña pomba dourada", baseada no poema "No niño novo do vento" de Álvaro Cunqueiro.
  • "Galego, a chave do mundo", baseada no poema "A fala" de Manuel María.
  • "Paixón e compromiso", Baseada no poema "A amizade ten flor que..." de Luísa Villalta.
  • "Coas pálpebras baixas", baseada no poema homónimo de Montse Yoldi.
Axiña esperamos compartilas con todos vós. Estade atentos; merece a pena a letra, a música, as imaxes, a voz e a montaxe de cada unha das curtametraxes (tres minutos de duración cada unha delas). Con estas producións pretendemos tamén facer un primeiro achegamento á poesía galega. Este proxecto terá continuidade no vindeiro curso.

Con estas seis "curtas" participamos no concurso de vídeo poesía PALABRASINPAPEL.
Parabéns para a ducia de alumnos e alumnas do noso instituto que fixeron posible este proxecto. Terémosvos informados.


Na fotografía: Héctor, Antón e Carla, de 1º de bacharelato, interpretando a música (composta por Héctor) que pon a banda sonora da montaxe "Coas pálpebras baixas", inspirada nun poema da profesora do noso centro Montse Yoldi.


No hay comentarios:

Publicar un comentario