29/4/14

PRESENTACIÓN DO LIBRO "A IDEA NA PALABRA"

Onte, na Real Academia Galega, presentouse o libro  A idea na palabra, unha colectánea que recolle poemas, pezas xornalísticas, manuscritos, fotografías e material inédito de Manuel Lugrís Freire.
No acto, presidido polo presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, estivo especialmente brillante  Manuel Pérez Lorenzo, “Lito”, historiador e editor da obra.
Tamén se puxo de manifesto, unha vez máis, o inmenso labor cultural que está a desenvolver a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. Unha boa maneira de apoiar estas e tantas outras iniciativas culturais a prol da nosa lingua e cultura é precisamente facerse socio desta Asociación Cultural.
Parabéns polo traballo realizado e polos novos proxectos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario