13/5/14

DOUS DOCUMENTAIS DE GALLAECIAFILMES NOMINADOS A "VÍDEO ORIXINAL" E A "VÍDEO MÁIS PELEÓN" NO FESTIVAL "OLLOBOI"

Onte recibimos a comunicación de que o noso documental Luísa Villalta: paixón e compromiso está nominado entre os finalistas do certame de vídeos "OlloBoi" na categoría de vídeo orixinal. Parabéns para o grupo de alumnos e alumnas do IES Isaac Díaz Pardo responsables do traballo.



Do mesmo xeito, o documental A cara oculta da Filla da Ría de Prata está nominado entre os finalistas na categoría de vídeo máis peleón. Neste caso os parabéns son para Manuel Couce e Jorge González, alumnos de 1º de bacharelato do noso centro, como responsables do traballo.



Como todos e todas sabedes xa, os premios non son o importante; malia que agradecemos moi sinceramente o recoñecemento que isto supón para a nosa comunidade educativa, o que máis nos satisfai é o traballo realizado polo noso alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario