13/5/14

DÚAS PRODUCIÓNS DE "GALLAECIAFILMES" SELECCIONADAS PARA A GALA DE "PALABRASINPAPEL"

No IES Isaac Díaz Pardo seguimos estando de noraboa. Neste caso pola selección de dúas producións de "GallaeciaFilmes" para a gala final do certame audiovisual "PALABRASINPAPEL" que se desenvolverá o vindeiro mércores 21 de maio no centro cultural coruñés "Ágora".
Trátase das producións "Ondas do mar", inspirada na cantiga do xograr da ría de Vigo Martín Códax, cunha interesantísma versión musicada por Héctor Franco e cantada por Carlota Fiaño, e "Coas pálpebras baixas", inspirada no poema da nosa compañeira Montse Yoldi, con música da autoría de Héctor Franco e coa participación dos músicos Antón Fariña, Carla Castro e do propio Héctor; recita o poema Carla Castro.

Adiántovos que o venres día 30 de maio, ás 17:15 horas, na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada, estrearemos as últimas producións audiovisuais de GallaeciaFilmes. Contamos con todos vós. Prometemos algunha sorpresa "creativa" moi interesante.
Parabéns para os once alumnos e alumnas do instituto que fixeron posible o proxecto "Primeiros versos".




No hay comentarios:

Publicar un comentario