22/5/14

ORGULLOSOS DOS NOSOS ALUMNOS/AS

Onte, mércores 21 de maio de 2014, asistimos no auditorio do centro socio cultural da Coruña "Ágora" á gala de entrega de premios do I Certame de Vídeo-poesías "PALABRASINPAPEL". Os alumnos e alumnas do IES Isaac Díaz Pardo gañaron dous premios coas producións "Ondas do mar" e "Coas pálpebras baixas".
Especialmente brillantes estiveron Héctor Franco, Manuel Manovel e Carlota Fiaño, quen interpretaron a súa orixinal e recoñecida versión musical da cantiga de amigo "Ondas do mar de Vigo", de Martín Códax. Foron quen de "aplacar" os ánimos do ruidoso público e de deixar coa boca aberta aos membros do xurado. Ademais, os 52 alumnos e alumnas do ies que asistiron á gala significáronse polo seu "saber estar".
Parabéns a todos. Foi unha grata experiencia e unha grande satisfacción acompañarvos.

















NOTA: Axiña poderedes visionar os traballos. Estrearémolos o venres día 30 de maio ás 17:00 horas na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario