10/6/14

A CHAVE DO MUNDO

Aproveitando un ensaio do grupo que interpretou o poema "A fala" de Manuel María para poñerlle a banda sonora á curtametraxe "Galego, a chave do mundo" coa que o noso centro gañou o concurso de curtas do "Correlingua 2013", fixemos esta pequena montaxe dentro do proxecto "Primeiros Versos".



Esta foi a presentación  que Adrián Paz fixo na súa estrea:


Para esta montaxe baseada no poema do gran Manuel María, o poeta da Terra Chá, aproveitamos as imaxes dun ensaio da canción que formou parte da curtametraxe “Galego, a chave do mundo” realizada o ano pasado e coa que gañamos o certame de vídeos do Correlingua 2013. Fálanos da importancia do galego, o noso sinal de identidade, a chave coa que podemos abrir o mundo. A nosa lingua, patrimonio do pobo. Por esa razón quixemos intercalar fotografías antigas da xente de Sada, simbolizando o pobo galego que é quen se constitúe no garante máis auténtico da nosa lingua, da nosa cultura. Rendemos deste xeito a nosa mellor homenaxe aos nosos devanceiros, auténticos valedores do galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario