7/6/14

CAMPOS DE SOIDADE

Produción de "GallaeciaFilmes" baseada nun poema de Rosalía de Castro. Recitan Jorge e Daniel; toca o violín Andrea.


A presentación da montaxe realizárona Jorge e Daniel, alumnos de 1º de bacharelato do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada:

JORGE:
Neste caso o poema no que nos inspiramos está recollido en “Follas Novas”, obra publicada por Rosalía de Castro en 1880. Un poema que ben podemos considerar a verdadeira epopea do pobo galego. No século XIX case un millón de galegos víronse na obriga de buscar fóra da súa terra o que esta lles negaba. Desgraciadamente máis de cen anos despois aínda segue a ter actualidade.

DANIEL:

A música está interpretada maxistralmente ao violín pola nosa compañeira Andrea e cremos que lle acae moi ben a este texto. As imaxes de fondo correspóndense cunhas dependencias do noso instituto que levan uns anos abandonadas, de igual xeito que “os campos de soidade” que menciona Rosalía. Correspóndense con aulas e materiais de dous antigos ciclos formativos que se impartían no centro e que de súpeto, hai uns anos, se “pecharon” por decisións alleas á comunidade educativa. E iso que aínda non empezaran os recortes en educación. En calquera caso queremos poñer de manifesto que o presente e o futuro dun país, sempre pasa pola calidade do seu ensino público. Apostemos logo por el.

No hay comentarios:

Publicar un comentario