16/6/14

COAS PÁLPEBRAS BAIXAS

Sexta e última montaxe deste curso 2013/2014 para o proxecto Primeiros Versos, que ten o obxectivo fundamental de achegarlle á comunidade educativa a poesía galega.



Neste caso a presentación da produción correu por conta de dous alumnos do IES de 1º de bacharelato.

CARLA CASTRO:
“Coas pálpebras baixas” é o título dun poemario da profesora do noso instituto Montserrat Yoldi que tivemos a oportunidade de coñecer a través da súa propia voz nun acto organizado polo grupo de lectura da biblioteca do centro. Dende o primeiro momento quedamos enganchados pola fondura lírica dos seus versos e pola gran sutileza coa que expresa os seus sentimentos. Simplemente o título: “Coas pálpebras baixas” xa dá moito que pensar. 

HÉCTOR:

Da mesma maneira que pasou coa curta “Ondas do mar”, a banda sonora deste documento que imos ver, é unha composición orixinal que me xurdiu nada máis escoitar este profundo poema. Rondoume varios días pola cabeza ata que fun quen de fixalo definitivamente. A gravación da música foi o que puxo punto e final a todo este proxecto. Gravámolo neste mesmo espazo, aquí, no escenario da Casa da Cultura, a mañá dun dos días das vacacións de Semana Santa. Todo o equipo de realización de “PRIMEIROS VERSOS” queremos dedicarlle esta “curta” moi especialmente á profesora, á poetisa, á muller, á persoa, a Montse Yoldi. Esta montaxe tamén foi premiada no certame de Vídeopoemas “PALABRASINPAPEL”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario