4/6/14

GALEGO, O PASO ADIANTE

Xa podedes ver a curtametraxe realizada por "GallaeciaFilmes" Galego, o paso adiante.



Esta foi a presentación que fixeron Jorge Larrea (1º ESO) e Pedro Raíces (1º bach.) no acto de estrea do documental:

JORGE:
Chámome Jorge e son alumno de 1º de ESO. Unha das historias que conta esta curtametraxe podería ser a de calquera rapaz ou rapaza do noso tempo e da nosa contorna: como unha persoa castelán-falante pode comprometerse a falar en lingua galega e como ese feito non lle vai a provocar ningunha enfermidade. Máis ben, todo o contrario xa que realmente o uso do galego é o único recurso que o pode salvar como lingua e como cultura. Xa saben, dende a nosa propia identidade pasar a formar parte da cultura universal.
PEDRO:

Eu son Pedro, alumno de 1º de bacharelato. No meu caso a historia que contamos       é como un mozo que sabe a nosa lingua debe superar o prexuízo de falar en galego, sobre todo como ferramenta para realizar unha das accións que máis nos interesan nestes anos que temos: “ligar”. Con esta curtametraxe presentámonos ao certame audiovisual do “Correlingua 2014” e, malia non gañar o 1º premio como fixemos o ano pasado, estamos moi satisfeitos co labor realizado. O que pretendemos é precisamente demostrar como cada un de nós debe dar un paso adiante e usar o galego. Como daba a entender Jorge, a cultura universal non pode existir sen o galego.

1 comentario: