9/6/14

MIÑA POMBA DOURADA

Produción de "GallaeciaFilmes" baseada nun poema de Álvaro Cunqueiro.



Na gala de estrea esta foi a presentación que fixo a súa protagonista Ana Naya, de 4º de eso:

Esta produción está baseada nun poema neotrobadorista do gran Álvaro Cunqueiro, un dos grandes das nosas letras. Forma parte do poemario “Cantiga nova que se chama ribeira”, publicado alá polo ano 1933. Interpretamos que se trata dunha fermosa canción de amor. Un anónimo e tímido namorado, cántalle a esa muller especial que ten moi dentro de si. Obsérvaa extasiado, marabillado pola súa beleza e virtudes, cando esta pasea por paraxes moi significativas da nosa vila. Unha vila que presentamos no seu esplendor paisaxístico natural e urbano, agochando intencionadamente os “borranchos”, “as atrocidades urbanísticas” que todos coñecemos. Pero consideramos que non era este o momento para significalas. Diso xa se encargou o documental  “A cara oculta da Filla da Ría de Prata”. Queremos que se fixen especialmente na marabillosa e sentida versión musical que interpreta o noso compañeiro Héctor, alma musical deste proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario