5/6/14

ONDAS DO MAR

Gozade con verdadeira intensidade esta versión orixinalísima da cantiga de amigo do xograr Martín Códax. Música de Héctor Franco e voz de Carlota Fiaño.


A presentación da curtametraxe correu por conta de Carlota:

Son Carlota, alumna de 3º de eso e estou moi contenta de estar hoxe aquí, diante de todos vostedes  para compartir esta experiencia que estamos a desenvolver no noso instituto. A curtametraxe que imos ver a seguir é unha das seis producións que realizamos dentro do proxecto global que denominamos “PRIMEIROS VERSOS” e que consiste en partir de textos poéticos das nosas letras, poñerlles imaxes, voz, música... e convertelos en modestos instrumentos didácticos para achegar a nosa poesía ao gran público. Neste caso partimos dunha cantiga de amigo do xograr da ría de Vigo, Martín Códax. É a nosa particular interpretación dun poema escrito no século XIII. Tanto a música como a estrutura da canción son totalmente orixinais. Hai uns días tivemos a oportunidade de interpretar esta cantiga en directo ante un público moi numeroso ao recibirmos un dos premios do Certame de vídeo-poemas “PALABRASINPAPEL”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario