24/11/14

HAI UN ANO EN SAN AMARO: DE GUÍA PARA OS AMIG@S DA ESCOLA DE IDIOMAS DA CORUÑA

     Acabo de descubrir unha pequena montaxe que realizaron os amigos e amigas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas da Coruña co gallo da visita ao cemiterio de San Amaro, visita que tiven a honra de guiar. Moitos dos meus alumnos xa coñecen as historias e os persoeiros que alí están. Cada vez que acompaño a algún grupo xorde unha nova anécdota, algo diferente que fai dese paseo unha visita especial. Como xa teño comentado, teño ademais a enorme satisfacción de que antigos alumnos utilizaron historias aquí coñecidas para facer traballos de creación audiovisual. Fíxome ilusión recordar esa visita e por iso comparto a montaxe da EOI. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario