20/11/14

Novos proxectos de GallaeciaFILMES



Xa temos dous equipos de produción traballando nos dous próximos proxectos audiovisuais de GallaeciaFILMES.
Un deles estalle dando voltas a "Galego: a nosa creación común", unha curtametraxe de 3 minutos que desenvolverá o lema do Correlingua 2015. Está formado por alumnos e alumnas de primeiro e segundo de eso.
O outro proxecto en marcha consiste nunha curtametraxe, digamos que "romántica". Aínda non está decidido o título. O equipo de produción está formado por alumnas e alumnos de primeiro de bacharelato.
Xa vos iremos informando dos progresos destas producións.
Máis adiante temos intención de realizar unha curta de... TERRORRRRRRRR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario