15/11/14

O VINDEIRO MARTES, PROBA ORAL SOBRE "OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE"

     Aproveitando esta circunstancia tan agardada polos meus alumnos e alumnas de 2º de bacharelato, velaí vos van os debuxos a cor que o propio Castelao fixo para coñecermos mellor as mozas protagonistas: Lela, Micaela e Pimpinela.

 


















     
     A obra foi escrita por  Castelao na cidade de Nova York. Estreouse en Bos Aires o 14 de agosto de 1941, no teatro Mayo.
Como curiosidade debedes recordar que para o primeiro lance escribiu este fado: (Non deixes de premer no enlace "LELA", escoitar a Dulce Pontes é sempre un agasallo)


Están as nubes chorando
por un amor que morreu
Están as rúas molladas
de tanto como choveu (bis)

Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos.

Non me deixes
e ten compaixón de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

Dáme alento das túas palabras,
dáme celme do teu corazón,
dáme lume das túas miradas,
dáme vida co teu doce amor. (bis)

Lela, Lela....
....


Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.


No hay comentarios:

Publicar un comentario