23/2/15

CORRELINGUA E PALABRASENPAPEL


O venres pasado rematamos o vídeo "Galego, a nosa creación común" co que concursaremos no Correlingua 2015, e esta semana gravaremos os dous vídeo-poemas cos que participaremos na II edición de vídeo-poesía "Palabrasenpapel".
Velaí tedes a fotografía que a organización empregou para a convocatoria desta edición de 2015. Correspóndese cos finalistas e gañadores da primeira edición. O alumnado da esquerda é o do noso instituto (IES Isaac Díaz Pardo, Sada); Héctor e Carlota portan os seus correspondentes premios. A ver se este ano temos a mesma sorte. En calquera caso, en canto poidamos, compartiremos con todos vós os nosos traballos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario