18/5/15

MODERNISMO NA FILLA DA RÍA DE PRATA

Este documental está realizado en setembro de 2014. Xurdiu como complemento da exposición que a Asociación Irmáns Suárez Picallo elaborou para a Feira Modernista de Sada (2014). Por esa razón os nosos obxectivos foron buscar a estética das imaxes e da montaxe para engalanar o contido básico sobre este movemento artístico de principios do século XX. Non queriamos pasar de oito minutos e, sobre todo, queriamos destacar o aspecto pedagóxico e crítico que caracteriza os nosos documentais.
Este é, sen dúbida, o traballo máis persoal dos realizados ata o momento. É unha produción de "GallaeciaFilmes" realizada por Javier González Garrido, que amosa un gran dominio técnico na gravación das imaxes e na montaxe, e por min mesmo.
Espero que o vexades con certa complicidade e que sexa do voso agrado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario