26/10/15

CONVERSAS



Xa podedes ver o documental "Conversas". Este proxecto pretende recrear a experiencia vital de persoas de Sada. O noso primeiro protagonista é Jesús Castro Vidal (Riobao, 1927) que fai un breve e emocionante percorrido polas etapas máis significativas da súa vida: a escola no tempo da República, a represión franquista, a emigración, o retorno, os acontecementos políticos destes últimos anos en Sada... Un documento que paga a pena ver.
Para a realización deste proxecto, Javier Gonzálezz Garrido e mais eu creamos "Moucho producións". Un humilde proxecto pero cargado de ilusión e moitas historias xa na recámara para contar. Esperamos sorprendervos axiña cunha nova historia.
Pasa o enlace; a nosa maior satisfacción é que o vexa o maior número de persoas posible.



https://www.youtube.com/watch?v=Qm8fvp07q-Q

No hay comentarios:

Publicar un comentario